FINAL PROVINCIAL BADMINTON ESCOLAR-2010-

O fin de semana do 10-11 de abril, celebrouse no polideportivo da Universidade Laboral o campionato provincial de bádminton escolar, que proclamaba os cadros de honra do bádminton provincial en idade escolar e á vez os clasificados para o campionato galego que se celebrará no mes de maio na localidade pontevedresa de Bayona (9-10 MAIO).
Máis dun centenar de deportistas participaron na competición, representando a colexios e clubs da provincia, da zona de Ourense capital,Ribeiro-Arenteiro,Valdeorras e Limia.

O IES OTERO PEDRAYO,achegou 12 deportistas e cabe apuntar que todos lograron entrar no cadro de honra.

En categoría individual feminina Ana Casas conseguía a medalla de bronce, ao caer en semifinais coa gran favorita e posterior vencedora Sara Ezquerro do club Athlos. Con este resultado lograba clasificarse para o campionato galego, o que representa todo un éxito e recompensa o gran traballo realizado durante toda a tempada. Na mesma categoría Susana Sampedro lograba o cuarto posto ao caer ante a súa compañeira Ana Casas nun duelo de rivalidade ,xa clásico entre elas.Tamén entre as oito primeiras clasificáronse Xea (5), Ana Rodriguez (6) e Sarai (7). En definitiva ,cinco entre as oito primeiras, o que constitúe un gran resultado . FELICIDADES a todas elas e a seguir adestrando coa mesma ilusión.

En categoría individual masculina, só tiñamos un representante, Victor Sotelo, que acabou en cuarta posición ao perder nun rifado partido (30-28) co representante do club Athlos , Iago Rodriguez.
Onde houbo unha gran actuación foi na competición por equipos, tanto o representante feminino como o masculino estiveron no  cadro de honra.
O equipo feminino (Ana Casas,Susana,Xea,Ana Rodriguez,Sarai,lucía)lograban a medalla de prata, ao caer na final co club Athlos polo tenteo de 3-2.

O equipo masculino (Victor,Alex,David,Raul,Manu,Gabriel)obtiñan a medalla de bronce ao caer en semifinais ante o posterior campión IES Lagoa de Antela.

CADRO DE HONRA INDIVIDUAL

CATEGORÍA INFANTIL FEMININO

1º. SARA EZQUERRO FERNÁNDEZ- CLUB ATHLOS DE OURENSE

2º. SARA GALICIA SARMIENTO- CLUB ATHLOS DE OURENSE

3º. ANA CASAS GONZÁLEZ- IES OTERO PEDRAIO DE OURENSE

4º. SUSANA SAMPEDRO PÉREZ- IES OTERO PEDRAIO DE OURENSE

CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

1º. IVÁN MARIÑO- IES AS LAGOAS- OURENSE

2º. GABRIEL VIDAL- CLUB ATHLOS DE OURENSE

3º.IAGO RODRÍGUEZ- CLUB ATHLOS DE OURENSE

4º. VÍCTOR SOTELO ARQUES- IES OTERO PEDRAIO DE OURENSE

CADRO DE HONRA EQUIPOS

CATEGORÍA INFANTIL FEMININO

1º. CLUB ATHLOS  OURENSE

2º. IES OTERO PEDRAIO- OURENSE

3º. COLEXIO DIVINO MAESTRO- OURENSE

4º. IES  LAURO OLMO- O BARCO DE VALDEORRAS

CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

1º. IES LAGOA DE ANTELA- XINZO DE LIMIA

2º. CLUB POLIDEPORTIVO ATHLOS- OURENSE

3º.IES OTERO PEDRAIO- OURENSE

4º. IES LAURO OLMO- O BARCO DE VALDEORRAS