FESTA DO DEPORTE.2010

O día 22 de xuño, con motivo de clausúra do curso, celebrouse no polideportivo do instituto , a festa do deporte ,que pechaba a tempada de actividades extraescolares do presente curso. Desde as dez e media da mañá celebráronse varias finais deportivas, coreografías de baile e entrega de trofeos.

Nas bancadas,profes e alumnos gozaron coa xornada ludico-deportiva.
A primeira final foi a da categoría A , que enfrontaba a 2º ESO A e a 2º ESO B. Proclamaríase campión o primeiro, ao vencer na final polo tenteo de 3-2. Os goleadores foron por parte dos vencedores David Míguez (2) e Bruno, mentres que polos vencidos anotaban Jordan e Jhonatan.
Na categoría B , os contendentes foron 4º ESO B e 4º ESO C. Impuxéronse os primeiros nun disputado partido por 4-3. O partido resolveuse a dous minutos do final cun gol de M.Enrique . Os goleadores foron por parte dos vencedores M.Enrique(2), Andrés e Calviño. Por parte de 2º ESOC os goleadores foron Alejandro,Adrian e Diego.
A continuación celebraríase a esperada final feminina entre 3º ESO A e 1º BACH.A. A final só estivo igualada ata o minuto 8, cando cun gol de Ariana rompeu o equilibrio e desde aí o dominio no xogo e no marcador foi de 3º ESO, que vencería 4-0 con goles de Ariana e Aldara por partida dobre. Destacar a gran entrega de ambas as contendentes.

 

 Antes da esperada final entre 2º e 1º de Bacharelato, alumnos-as de 3º ESO presentaron dúas coreografías de baile que fixeron gozar ao numeroso público que nese momento había na bancada e que correspondeu con fortes aplausos a ambas as coreografías.Felicidades.

E como cada ano pechábanse as finais co prato forte que enfrontaba a 1º BACH A e 2º BACH D. Proclamaríase campión 1º BACH A , que na fatídica quenda de penaltis imporíase por 6-4.
O partido como se prevía demostrou unha gran igualdade e iso reflectiuse no marcador que ao termo dos 30 minutos acabaría con táboas no marcador 3-3.Os goleadores foron por parte de 1º BACH, Pedro(2) e Ismael . Jorge,Pablo e Manuel, marcarían os goles de 2º BACH.
Na lotería dos penaltis,non puido 2º BACH tomarse o desquite do trofeo nadal e outra vez tiveron que claudicar ante un gran equipo: 1º BACH A. Felicidades aos dous equipos polo gran partido ofrecido e sobre todo pola gran deportividade demostrada.

A xornada pecharíase coa entrega de trofeos a todos os finalistas, así como aos campións de Bádminton que pecharan a tempada a finais de maio.

 

 

Parabén a todos-as, a gozar do deporte ao aire libre e o ano que vén??????????

 

 

SI QUERES VER TODO O REPORTAXE FOTOGRÁFICO (GALERÍA DE IMAXES) PINCHA O SEGUINTE ENLACE:

 

http://www.kizoa.es/diapositivas/d1523939kP38665351o2/festa-deporte-2010

Anuncios

XUÑO-2010.FESTA DO DEPORTE .FIN DE CURSO

PRIMEROS AUXILIOS.Gloria Arias Fraga y Daniel Rivera Ramos

LA VELOCIDAD. Silvia Pérez Castro

LA FLEXIBILIDAD. Silvia Perez Castro

PRIMEROS AUXILIOS.RCP. Lucy Villar White

FINAL ESCOLA 2009-2010

O dia 27 de maio de 2010 pechouse a tempada da escola de bádminton do IES OTERO PEDRAYO coa celebración do torneo de clausura que proclamaba o ranking final e o cadro de honra da tempada 2009-2010.

En categoría feminina proclamaríase vencedora MONICA ALVAREZ ao imporse á nun principio favorita ANA CASAS, nun disputado partido que se decidiu no último instante(30-29).

Na competición masculina o gañador foi DAVID CAMPO que venceu na final a DAVID MIGUEZ. A maior experiencia do primeiro decantou o partido ao seu favor, pero o subcampeonato é un gran logro para David Míguez que ingresou na escola xa avanzada a tempada.

A todos os demais animalos a seguir traballando e sobre todo gozando deste marabilloso deporte que nos une.

RANKING FINAL

RANKING FEMININO                             RANKING MASCULINO

1.- MONICA ALVAREZ 2 ESO “C”         1.- DAVID CAMPO 2 ESO “B”

2.- ANA CASAS 1 ESO “C”                      2.- DAVID MIGUEZ 2 ESO “A”

3.- XEA REAL 2 ESO “C”                        3.- MARTIN DOPAZO 4 ESO “B”

4.- SUSANA SAMPEDRO 1 ESO “C”       4.- P. COLMENERO 2 ESO “A”

5.- CLARA ESCOBAR 2 ESO “C”           5.- MANUEL CRISTOVO 2 ESO “B”

6.- SARAI RGUEZ 1 ESO “B”                  6.- PABLO NOGUEIRAS 2 ESO “A”

7.- LUCIA PAN 2 ESO “A”                       7.- RAUL SILVA 2 ESO “A”

8.- MARTA MTNEZ 2 ESO “A”               8.- GABRIEL GLEZ 1 ESO “A”

9.- ANA RGUEZ 2 ESO “A”                     9.- CARLOS GLEZ 2 ESO “A”

10.- ANTIA QUINTANA 2 ESO “C”         10.- BRAIS CASAS 2 ESO “C”

11.- AARON ABALO 2 ESO “C”

Parabén a todos e esperámosvos o ano próximo. FELICES VACACIÓNS.

GALERIA DE IMAXES (Pincha o seguinte enlace )

http://www.slide.com/r/8GJMTMrw3D9p_JhrilQfqSUgLIdiwPs8?previous_view=mscd_embedded_url&view=original