33 CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS

O sábado,12 de febrero, o Pavillón da Universidade Laboral de Ourense foi sede do XXXIII Campionato Galego de Veterans . Disputáronse un total de 120 partidos repartidos en 20 cadros de competición.  

Un total de 83 xogadores dironse cita en Ourense representado aos clubs galegos de BC Coruña e Club do Mar de San Amaro dá Coruña, CB Cedeira, CB Troula de Lugo, CB Thebes Reale A Estrada, SD Lalín, CB Rachaplumas e CB O Draque de Vigo, CB As Neves e os clubs locais de Ourense Independente BC, Club Universidade Laboral e Club Polideportivo Athlos.
A competición desenvolveuse nas modalidades de individual masculino, individual feminino, dobres masculino, dobres feminino e dobres mixtos e nun total de 6 categorías repartidas en franxas de idade de 5 en 5 anos a partir dos 30 anos.
Esta competición é clasificatoria para o Campionato de España que se vai a celebrar en Mahón (Baleares) do 30 de abril ao 5 de maio de 2011 e na cal os nosos representantes adoitan lograr bos resultados.
A edición deste ano preséntouse moi igualada e de gran nivel.

Os deportistas ourensáns conseguiron un bo número de medallas.Sendo o club Athlos o máis laureado, seguido do club Universiad Laboral e Independente.
Dous profesores do instituto que pertencen ao club Universidade Laboral, lograron subir ao podium.MANUEL ALONSO, foi subcampión individual na categoría D e tamén na mesma categoría e na modalidade de dobres, sería medallista de prata, facendo parella co deportista do club Drake de Vigo, Ramón Quiroga.
Por outra banda ,EDUARDO IGLESIAS, foi medallista de bronce na categoría B2,tanto na modalidade individual como en dobres, facendo parella con Miguel Angel Quiroga do club Drake de Vigo.

MANUEL ALONSO (subcampión galego)

PODIUM DOBLES VETERANOS -D-

PODIUM VETERANOS -B2-

MIGUEL QUIROGA Y EDUARDO IGLESIAS (medalla de bronce en dobles )

MEDALLISTAS CLUB UNIVERSIDAD LABORAL

Galeria de imaxes (Pincha os seguintes enlaces)

http://www.kizoa.es/diapositivas/d1507311kP110928163o2/xxxiii-campionato-galego-veterans-badminton

http://www.kizoa.es/diapositivas/d1488812k6482897o1/galego-2011

Anuncios