BADMINTON Andrea Tumbeiro Romero

NUTRICION Y DEPORTE Lucía Iglesias Conesa

BADMINTON FINAL COMARCAL 2011

O 8 de abril celebrouse no polideportivo do IES LAGOAS, a final comarcal de bádminton escolar. Organizado pola secretaria xeral para o deporte e a delegación de bádminton de Ourense.
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Os equipos participantes foron: ATHLOS,A.D.BOSCO,DIVINO MESTRE,IES LAGOAS,IES OTERO PEDRAYO.
O IES OTERO PEDRAYO, participou na categoría infantil e cadete ( masculino e feminino).
O torneo era clasificatorio para o campionato provincial que se desenvolverá o 7 e 8 de maio.
De excelente podemos catalogar a actuación dos nosos alumnos, así en categoría cadete feminino, XEA REAL alzábase coa medalla de ouro, e lograba a súa clasificación como cabeza de serie para o campionato provincial.En categoría infantil feminina lograban a clasificación ANA CASAS e SUSANA SAMPEDRO ( medallistas de bronce ).
En categoría infantil masculina, lograba a súa clasificación cun meritorio 4º posto BORJA FDEZ.
Na competición por equipos , o cadete feminino lograba a medalla de ouro e o infantil masculino a medalla de prata. Ambos lograban a clasificación para o provincial.
Parabén a todos-as.

XEA REAL (medalla de ouro)

ANA CASAS e SUSANA SAMPEDRO (medallistas de bronce)

EQUIPO CADETE FEMININO (medalla de ouro)

EQUIPO INFANTIL MASCULINO (medalla de prata )

PINCHA NO SEGUINTE ENLACE PARA VER TODA A GALERIA FOTOGRAFICA:

http://www.kizoa.es/diapositivas/d1644867kP112177180o2/comarcal-2011

5ª PROBA RANKING ESCOLA BADMINTON