TORNEO CLAUSURA 2010-2011

O xoves, 26 de maio, púxose fin á tempada 2010-2011 da escola de bádminton.
Entregáronselle os premios aos tres primeiros clasificados no ranking do presente curso(ANA CASAS, BORJA FDEZ E MIGUEL BASCOY).
 
Tamén se fixo a foto de grupo dos participantes na escola este curso. 
 

 A xornada pechouse coa celebración do torneo clausura que pecha a tempada e proclama ao campión e subcampión na modalidade individual. Á final chegaron ANA CASAS e TXEMA GZLEZ, decantándose a vitoria ao lado de ANA CASAS (30-20), que chegou realmente forte a este tramo final de tempada. ¡ felicidades!
 

¡Ata o próximo ano!
(NO SEGUINTE ENLACE, “MOMENTOS “DESTA TEMPADA EN IMAXES )
 

CAMPIONATO GALEGO OUTES-2011

O sábado 21 de maio de 2011 o Pavillón Municipal da localidade coruñesa de OUTES acolleu o Campionato Galego Escolar de Bádminton Infantil e Cadete organizado polo Servizo Provincial de Deportes dá Coruña, o Club Bádminton Outes e a Federación Galega de Bádminton e que contou co patrocinio da Secretaría Xeral Para ou Deporte dá Xunta de Galicia.
A competición foi intensa e emocionante cun total de 380 partidos disputados de 10:30 h a 21 horas.
Na competición participaron un total de 200 deportistas representando ás catro provincias que saíron dos correspondentes provinciais celebrados durante o mes de abril e maio.
A provincia de Pontevedra confirmou o seu dominio e alzouse cos oito títulos en xogo.
Na provincia de Ourense o único club que subiu ao pódium foi o club ATHLOS, que conseguiu a medalla de prata na competición por equipos na categoría infantil feminina.
O IES OTERO PEDRAYO (segunda entidade con máis representantes na provincia), conseguiu clasificar a 5 representantes para a competición individual e un equipo na categoría infantil masculina (primeira vez na súa historia ).
Representación do IES OTERO PEDRAYO ( estrea de indumentaria )
Na competición individual, merece destacar en primeiro lugar a gran actuación de XEA REAL, conseguía un meritorio sexto posto, que puña o colofón a unha gran tempada na que conseguira unha medalla de ouro no campionato comarcal e prata no provincial. E n definitiva , un premio ao gran traballo que realizou esta tempada.
 
XEA REAL (6ª clasificada )
As outras dúas representantes femininas, que competían na categoría infantil, ANA CASAS e SUSANA SAMPEDRO, atopáronse en primeira rolda ás dúas primeiras cabezas de serie, o que as obrigou a xogar do posto 9 ao 16. As dúas xogáronse o posto 11 e 12, decantándose a vitoria para ANA CASAS, que melloraba así o posto obtido na edición anterior.
Os dous representantes masculinos BORJA FDEZ e MIGUEL BASCOY , debutaban nesta competición e obtiñan o posto 15 e 16 respectivamente, pero o premio xa o obtiveron ao estar aquí.
Na competición por equipos, participou o equipo infantil masculino, que no debut nesta competición, obtiveron o 7º posto, que lles soubo a gloria.
¡ PARABÉN A Todos-AS ¡
 
GALERIA DE IMAXES ( pincha o seguinte enlace )

CAMPIONATO PROVINCIAL-2011 BADMINTON

O 7 de maio celebrouse no polideportivo da UNIVERSIDADE LABORAL, a FINAL PROVINCIAL de bádminton escolar. Organizado pola secretaria xeral para o deporte e a delegación de bádminton de Ourense.
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

O IES OTERO PEDRAYO, participou na categoría infantil e cadete ( masculino e feminino).
O torneo era clasificatorio para o campionato galego que se desenvolverá o 21 e 22 de maio, en OUTES.

De excelente podemos catalogar a actuación dos nosos alumnos, así en categoría cadete feminino, XEA REAL alzábase coa medalla de prata, e lograba a súa clasificación  para o campionato galego.En categoría infantil feminina lograban a clasificación ANA CASAS( medalla de bronce ) e SUSANA SAMPEDRO ( 4º posto) .
En categoría infantil masculina, lograba un meritorio 5º posto BORJA FDEZ.

    

                                                   

Na competición por equipos , o CADETE FEMININO  lograba a medalla de bronce e o INFANTIL MASCULINO a medalla de prata e a clasificación para o galego
Parabén a todos-as.

GALERIA DE IMAXES: PINCHA O SEGUINTE ENLACE:

http://www.kizoa.es/diapositivas/d1702956kP33505532o2/provincial-2011