BADMINTON.COMARCAL 2013.

O sábado ,13 de abril de 2013, celebrouse no polideportivo do IES OTERO PEDRAYO, a fase comarcal de bádminton escolar, que outorga as catro prazas por categoría para o campionato provincial do día 11 de maio, a celebrar na UNIVERSIDADE LABORAL de OURENSE.
Os equipos participantes foron: ATHLOS, A.D.BOSCO,DIVINO MESTRE,IES LAGOAS,IES OTERO PEDRAYO.
A proba foi dominada polo club ATHLOS, que dominou en todas as categorías, seguido polo IES OTERO PEDRAYO, que conseguiu tres medallas na categoría cadete : Ouro para DAVID MARTINEZ , prata para ANA CASAS e bronce para SUSANA SAMPEDRO.
Estes tres alumnos lograron o pase para o campionato provincial ,que se celebrará o 11 de maio.¡ SORTE !

IMGP1535

PODIUM CADETE MASCULINO

IMGP1531

PODIUM CADETE FEMENINO