CAMPEONATO PROVINCIAL TENIS DE MESA 2015.

O 23 de maio celebrouse no PAZO DOS DEPORTES de OURENSE, a FINAL PROVINCIAL de tenis de mesa escolar .
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

O IES OTERO PEDRAIO estaba representado por 4 xogadores (Antonio Iglesias,Pablo González,Joel Fabello e Iker Añel)e participou na categoría infantil, logrando o primeiro posto despois de gañar a fase de grupos e posteriormente vencer en semifinais o colexio PABLO VI da RUA e na final o colexio de VIANA,que foi o gran dominador do resto das categorías.
Parabén a todos-as.

provincial tenis mesa (2)

prov tenis mesa

prov tenis de mesa