CAMPIONATO PROVINCIAL BÁDMINTON.2016

O 28 de maio celebrouse no polideportivo da UNIVERSIDADE LABORAL, a FINAL PROVINCIAL de bádminton escolar. Organizado pola secretaria xeral para o deporte e a delegación de bádminton de Ourense.
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

IMG-20160528-WA0015

PARTICIPANTES

O IES OTERO PEDRAYO, participou na categoría alevín, infantil e cadete ( masculino e feminino).

IMG-20160528-WA0004

De excelente podemos catalogar a actuación dos nosos alumnos, así en categoría infantil feminino, LARISA MIRUNA alzábase coa medalla de OURO demostrando un gran dominio na categoría. Non lograron medalla as outras duas participantes,CARMEN CONDE (4º POSTO) e TANIA FDEZ que debutaba.

IMGP2338

LARISA MIRUNA Campiona provincial infantil

En categoría cadete masculina,ÁLVARO ROBLES acadaba a medalla de bronce por segundo ano consecutivo,non tivo a mesma sorte JAVIER PÉREZ,qué caía por un punto na loita por pasar a semifinais.

IMG-20160528-WA0009

ÁLVARO ROBLES,medallista de bronce no campionato provincial

Na categoría infantil,dous dos nosos representantes accederon o podium,IVÁN OUTOMURO,lograba a medalla de plata e IAGO BASTEIRO a de bronce.

IMG-20160528-WA0008

IVAN OUTOMURO e IAGO BASTEIRO,medallistas de plata e bronce no campionato provincial.

Na categoría alevín participaba ADRIAN VÁZQUEZ,que tomaba contacto coa competición por primeira vez , e adquiría experiencia para vindeiras citas.

Parabéns a todos-as.

 

BALONCESTO.TORNEO 3/3 .AULAS

IMG-20160527-WA0002

CAMPEONES 2º CICLO

IMG-20160527-WA0001

CAMPEONAS 2º CICLO

IMG-20160527-WA0000

CAMPEONES 1º CICLO

IMG-20160529-WA0006

CAMPEONAS 1º CICLO

TORNEO CLAUSURA BÁDMINTON.2015-2016

O 26 de maio de 2016 ,celebrouse o torneo clausura da escola de bádminton Otero Pedrayo, que puña fin oficialmente á tempada 2015-2016.

torneo clausura bad

ALUMNOS ESCOLA DE BÁDMINTON.

Na categoría masculina, os finalistas foron JAVIER PÉREZ e ÁLVARO ROBLES,qué disputarán a final o 22 de xuño co resto das finais deportivas.A medalla de bronce foi para IAGO BASTEIRO que gañou a IVAN OUTOMURO.

torneo clausura badm.

FINALISTAS CATEGORIA MASCULINA

Na categoría feminina as finalistas foron CARMEN CONDE e LARISA MIRUNA,xogarán a final o 22 de xuño  ,o terceiro posto era para ANDREA IGLESIAS,qué vencía a LAURA GARCIA.

torneo clausura bádminton

FINALISTAS CATEGORÍA FEMININA.

TENIS DE MESA.PROVINCIAL 2016

O 21 de maio celebrouse no PAZO DOS DEPORTES de OURENSE, a FINAL PROVINCIAL de tenis de mesa escolar .
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

O IES OTERO PEDRAIO estaba representado por tres equipos, un infantil e dous na categoría cadete.

prov.tenis mesa

COMPOÑENTES DO IES OTERO PEDRAYO.

Na categoría cadete participaron dous equipos, o formado por ANTONIO IGLESIAS e IKER AÑEL e o formado por os debutantes MIGUEL SANCHEZ e IVAN FERNÁNDEZ.

O equipo formado por ANTONIO e IKER resultaron gañadores do campionato,impoñéndose nunha disputada final o equipo do colexio PABLO VI da RUA.

prov. tenis mesa

ANTONIO IGLESIAS e IKER AÑEL.Campións provinciais.

Na categoría infantil, debutaban na competición SERGIO BASTEIRO e DIEGO LORENZO,que tras un gran campionato,perdían na final co equipo do colexio CARLOS CASARES de Viana do Bolo,gran dominador da competición.

prov.tenis mesa (2)

DIEGO LORENZO e SERGIO BASTEIRO.Subcampións provinciais.

provincial tenis de mesa

En definitiva,extraordinaria competicion a realizada polos nosos representantes.FELICITACIÓNS EQUIPO

 

TENIS DE MESA.

Achégase o final da competición de tenis de mesa,nesta semana pasada disputáronse as semifinais das dúas categorías.

Na categoría dos maiores, chegaron a semifinais,Antonio Iglesias vs Iker Añel Sergio Basteiro vs Evan Fdez

semifinalistas eso

Os finalistas resultaro ser:Antonio Iglesias vs Sergio Basteiro. A final será o día 22 de xuño,día no que se disputarán todas as finais deportivas.

finalistas eso

O terceiro posto e medalla de bronce foi para Evan Fernández.

Na categoría de 1º ESO,os semifinalistas foron:Hugo González vs Pablo Danta Brais Duque vs Victor Abeledo

semifinalistas 1º eso

Os finalista serán Pablo Danta vs Brais Duque (final 22 xuño).Terceiro posto e medalla de bronce  para Hugo González.

finalistas 1º eso

O vindeiro fin de semana,dispútase no PACO PAZ, a final provincial, na que o noso centro defende o título acadado o pasado ano en categoría infantil..

Os nosos representantes serán: Antonio Iglesias,Iker Añel,Iván Fernández,Miguel Sanchez (CADETES).

Sergio Basteiro,Diego Lorenzo(INFANTIL).

¡SORTE!

ESCOLA BÁDMINTON.RANKING FINAL

O 28 de abril celebrouse a derradeira proba do ranking da escola de bádminton da tempada 2015-2016.Os campións foron Álvaro Robles na categoría masculina e Carmen Conde na feminina.ranking bádminton

O xoves 26 de maio celebrarase o torneo clausura, qué determinará os campions desta tempada.