PREVIA ESCOLAR BÁDMINTON

O día 19 de novembro desenvolveuse nas instalacións do IES LAGOAS , a primeira competición de bádminton escolar da tempada 2016-2017.

Mais de medio centenar de xogadores competiron na modalidade individual e dobles nas diferentes categorías.

Doce xogadores da escola de bádminton IES OTERO PEDRAIO participaron no evento, xunto a xogadores do ATHLOS,IES LAGOAS e MESTRE VIDE.

20161119_095452

A proba foi dominada polo club ATHLOS.

A outra gran noticia da xornada, foi o debut de  5 xogadores que se estrenaban na competición escolar(JORGE LÓPEZ,IRIA MATÍAS,LAURA PAMELA,PABLO PAZ,ADRIÁN CARBALLO ).

20161119_095603_1479641108839

Resaltar  o segundo posto en individual masculino de IAGO BASTEIRO que perdía na final contra o gran favorito, Miguel Corcovado, do club Athlos.Pola sua parte no individual feminino,CARMEN CONDE  perdía contra Laura Fernández de Athlos.

PARABÉN A TODOS-AS.