TENIS DE MESA.CAMPIONATO PROVINCIAL 2017

O 27 de maio celebrouse no PAZO DOS DEPORTES de OURENSE, a FINAL PROVINCIAL de tenis de mesa escolar .
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

O IES OTERO PEDRAIO estaba representado por catro equipos, dous infantis e dous na categoría cadete.

EQUIPO INFANTIL:ADRIÁN,RAÚL,HUGO,ROI

EQUIPO CADETE:SERGIO,DIEGO,JOSE,BRAIS

Na categoría cadete participaron dous equipos, o formado por SERGIO BASTEIRO e DIEGO LORENZO e o formado por os debutantes BRAIS GARCÍA e JOSE PEDRAYO.

O equipo formado por SERGIO e DIEGO resultaron gañadores do campionato,impoñéndose nunha disputada final o equipo do colexio CARLOS CASARES.

SERGIO,DIEGO:MEDALLA DE OURO

Na categoría infantil, debutaban na competición os nosos dous equipos,que tras un gran campionato,xogaban a final nunha loita fraticida na que a victoria decatouse para o equipo formado por HUGO GZLEZ e ROI LÓPEZ  por un apretado 3-2 .

ROI,HUGO:MEDALLA DE OURO

RAÚL,ADRIÁN:MEDALLA DE PRATA

En definitiva,extraordinaria competición a realizada polos nosos representantes.

E recordade,o único lugar onde “éxito”aparece antes de” traballo” e no diccionario.

NORABOA EQUIPO!!!

 

 

 

Anuncios

CAMPEONATO PROVINCIAL BÁDMINTON.2017

O 13 de maio celebrouse no polideportivo da UNIVERSIDADE LABORAL, a FINAL PROVINCIAL de bádminton escolar. Organizado pola secretaria xeral para o deporte e a delegación de bádminton de Ourense.
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

O IES OTERO PEDRAYO, tiña representación nas categorias infantil e cadete, tanto en feminino,como masculino.Nove foron os clasificados.

De excelente podemos catalogar a actuación dos nosos alumnos, así en categoría cadete feminino,  CARMEN CONDE daba a gran sorpresa e alzábase coa medalla de OURO  vencendo  a gran favorita da competición LAURA FERNÁNDEZ de ATHLOS.

CARMEN CONDE ,MEDALLA DE OURO.

En categoría cadete masculina,IAGO BASTEIRO,facía historia e lograba por primeira vez a medalla de ouro  en categoría masculina para a escola . Vencía nun disputado partido o representante do equipo LAGOA DE ANTELA, JAVIER FERNÁNDEZ.

IAGO BASTEIRO,MEDALLA DE OURO

Na categoría infantil salientar o 4º posto da debutante IRIA AÑEL.

Parabéns a todos-as.

FOTOGRAFÍA:CLARA BARREIROS( ALUMNA DO CENTRO,EX-XOGADORA DA ESCOLA.MOITAS GRAZAS!!!)

TENIS DE MESA.FINALES.

Despois de todo un ano de competición,estes días xogáronse as semifinais,as que chegaron todos os favoritos,agas o debutante ROI LÓPEZ,que competía por primeira vez.Os demais semifinalistas foron, DIEGO LORENZO, que alcanzaba a medalla de bronce, e SERGIO BASTEIRO e HUGO GÓNZALEZ,que xogaran a final o vindeiro 23 de xuño coas demais finais deportivas.