CAMPEONATO PROVINCIAL BÁDMINTON.2017

O 13 de maio celebrouse no polideportivo da UNIVERSIDADE LABORAL, a FINAL PROVINCIAL de bádminton escolar. Organizado pola secretaria xeral para o deporte e a delegación de bádminton de Ourense.
Un gran número de escolares participaron no torneo nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

O IES OTERO PEDRAYO, tiña representación nas categorias infantil e cadete, tanto en feminino,como masculino.Nove foron os clasificados.

De excelente podemos catalogar a actuación dos nosos alumnos, así en categoría cadete feminino,  CARMEN CONDE daba a gran sorpresa e alzábase coa medalla de OURO  vencendo  a gran favorita da competición LAURA FERNÁNDEZ de ATHLOS.

CARMEN CONDE ,MEDALLA DE OURO.

En categoría cadete masculina,IAGO BASTEIRO,facía historia e lograba por primeira vez a medalla de ouro  en categoría masculina para a escola . Vencía nun disputado partido o representante do equipo LAGOA DE ANTELA, JAVIER FERNÁNDEZ.

IAGO BASTEIRO,MEDALLA DE OURO

Na categoría infantil salientar o 4º posto da debutante IRIA AÑEL.

Parabéns a todos-as.

FOTOGRAFÍA:CLARA BARREIROS( ALUMNA DO CENTRO,EX-XOGADORA DA ESCOLA.MOITAS GRAZAS!!!)

TENIS DE MESA.FINALES.

Despois de todo un ano de competición,estes días xogáronse as semifinais,as que chegaron todos os favoritos,agas o debutante ROI LÓPEZ,que competía por primeira vez.Os demais semifinalistas foron, DIEGO LORENZO, que alcanzaba a medalla de bronce, e SERGIO BASTEIRO e HUGO GÓNZALEZ,que xogaran a final o vindeiro 23 de xuño coas demais finais deportivas.